A Cañiza ten novo sarxento da Garda Civil

O Alcalde Luís Piña tratou aspectos de coordinación en seguridade

A Cañiza | O pasado luns, 24 de febreiro, o Alcalde Luís Piña mantivo un encontro co novo Sarxento Comandante de Posto da Garda Civil da Cañiza que se incorporou ás súas funcións recentemente, para tratar os principais temas de seguridade relacionados co Municipio. Nesta visita institucional, tratáronse temas como a coordinación en materia de seguridade cidadá.

O Alcalde Luis Piña ofreceulle ao Comandante de Posto, toda a colaboración da Institución en prol dun interese común. O coidado dos nosos vecinos e veciñas e da nosa contorna e dos bens patrimoniais.

Dende o Concello ponse a disposición da Garda Civil os servizos que ofrece o Consistorio en materia de seguridade para facilitar o seu traballo e garantir a seguridade e o benestar do Municipio.

O Sarxento Comandante de Posto conta con 12 anos de servicio no Corpo da Garda Civil. Neste tempo prestou servicio en diferentes destinos relacionados coa Seguridade Cidadá e nos últimos 7 anos en labores de investigación e policía xudicial. Agora inicia unha nova etapa profesional no Concello da Cañiza.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.