A Cañiza | Trátase de impulsar o tratamento da fracción orgánica dos residuos municipais mediante a compostaxe, facendo unha aposta polos compostadores individuais, os centros de compostaxe comunitaria e plantas comarcais de compostaxe.
A adhesión a este Plan suporá a reducción dun 25% da FORM (fracción orgánica dos residuos municipais, é dicir os procedentes dos fogares particulares e residuos similares dos outros establecementos que os municipios recollen xunto co lixo doméstico) que non sexa reutilizada (alimentación animal), reaproveitada (doazón aos bancos de alimentos ou comedores sociais), compostada (só de recollidas selectivas na orixe) ou bioestabilizada ( se procede de recollidas non selectivas na orixe). Todo nun prazo de 4 anos.
A maiores pretende igualar a compostaxe do 50% da FORM tamén no prazo de 4 anos e elaborar un Plan de actuación en materia de residuos, entre outros obxectivos.
Para esta cambio de sistema de recollida de lixo e tratamento, a Deputación convoca varias liñas de subvención de cara a adquisición de composteiros e elaboración de plans estratéxicos medioambientais.