
Begonte | O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou a Casa Museo de esculturas de Víctor Corral, a quen felicitou pola súa “prolífica e longa traxectoria” e por tela desenvolvido en Baamonde (Begonte), onde a súa casa “é un tesouro aberto ao mundo que acentúa o valor desta contorna do Camiño Norte con arte e cultura e coa riqueza do seu pensamento”.
Arias deulle a noraboa a Corral porque en breve pasará a formar parte do Paseo dos Soños de Vilalba, onde se lle adicará o XV Hectómetro Literario.
O conxunto de vivenda e taller de Baamonde, levantado polo escultor nos anos 70, conta con exposición en dous ambientes diferenciados: o xardín, con obras en materiais non perecedoiros (granito e bronce).
E tamén no interior, con esculturas de arte abstracto e relixioso, en madeira, bronce e marfil. Tamén experimenta con outros tipos de material: acuarela e óleo.