Dende a capital albanesa Tirana, o presidente do goberno español Pedro Sánchez declarou que aspira “a manter a coalición con PODEMOS ata agotar o seu mandato”. Un mandato que, se tomamos en conta o calendario electoral, remataría coa convocatoria de eleccións xerais para decembro de 2023. Xustifica así a súa aspiración porque enviaría unha “mensaxe de estabilidade trala crise de gobernabilidade” que ven vivindo España desde 2015.
Son significativas as declaracións de Sánchez sobre o horizonte político español ante as perspectivas que trazan os economistas dunha posible recesión económica ás portas. Pero a mensaxe de Sánchez poda que teña unha chave máis estratéxica cara Bruxelas que dentro da Moncloa.
O presidente de goberno fai estas declaracións nunha xira balcánica que levouno por Serbia, Montenegro, Macedonia do Norte, Bosnia-Hercegovina e Albania no marco das tamén igualmente visibles ‘aspiracións’ da Unión Europea de atraer eses países a súa órbita, quen sabe se vía admisión “fast-track“, para afastalos da órbita xeopolítica rusa. Un caso especial é o serbio, ligado por vínculos históricos, relixiosos e culturais con Rusia e cuxa sociedade mantén unha posición moi prorrusa no conflito ucraíno.
Como no caso do cumio da OTAN en Madrid que abriu a veda da ampliación cara Suecia e Finlandia, a UE quere facer o mesmo na súa contorna balcánica e mediterránea que contrarreste a eficacia da alianza ruso-turca vía Mar Negro, agora acicalada polo recente acordo con Ucraína que permite a apertura de portos para a exportación. Un acordo que nin sequera Washington e Bruxelas lograron adiantar.
Neste contexto, Sánchez aposta pola estabilidade dunha coalición moitas veces ‘tocada’ por mini-crises mentres a vicepresidenta Yolanda Sánchez tenta reconstruír ese espazo da esquerda a través da súa aposta política “Sumar”. Esa mensaxe de Sánchez vén tamén para amortecer o efecto mediático que impulsa unha alternativa vía Feijóo e o “novo PP” para A Moncloa.
“A mensaxe de Sánchez cobra máis eco nunha UE aletargada pola presión enerxética rusa de pechar o grifo e as consecuencias xeopolíticas que a guerra en Ucraína está provocando en gobernos occidentais”
Por iso a mensaxe de Sánchez cobra máis eco nunha UE aletargada pola presión enerxética rusa de pechar o grifo e as consecuencias xeopolíticas que a guerra en Ucraína está provocando en gobernos occidentais. Xa caeron o británico Boris Johnson e o italiano Mario Draghi. Italia irá a eleccións xerais a finais de setembro, onde a extrema dereita pode sacar réditos como estivo a punto de facelo nas recentes presidenciais e lexislativas francesas. E a Alemaña post-Merkel vese condicionada pola súa excesiva dependencia do gas ruso, cunha coalición tripartita en Berlín encabezada polo chanceler Olaf Scholz que aprecia un baixo perfil a nivel europeo.
Coas incertezas motivadas polas previsións económicas para esta outono, Europa non quere inestabilidade política do seu flanco Sur. Dende os Balcáns, escenario de guerras fratricidas na década de 1990, Sánchez quixo dar esa mensaxe de tranquilidade. Agora ben, está esa estabilidade plenamente garantida? Chegará sen moitas fisuras a un 2023 electoral chave?
Villarejo como síntoma
Como ben din o director deste xornal, Guillermo Rodríguez, “os medios son tóxicos”. E son aínda máis ‘tóxicos’ se detrás está unha parafernalia de poderes nos que se escudan presuntos ‘xornalistas’, acomodados en platós de TV que utilizan a espectacularidade que outorgan os fake news para deconstruír unha democracia cada vez máis parecida a reality show.
É o que ven pasando cos “Papeis de Villarejo” e os intereses duns grupos mediáticos que afian as redes de desinformación vía ‘propagandistas’ da noticia (Ferreras, Pastor) en platós de máxima audiencia (LaSexta, Telecinco, Antena3). Un síntoma claro desas “cloacas do Estado” (Pablo Iglesias dixit) que socavan a saúde democrática e a necesidade de información contrastada, plural e sen filtros.
“Unha ‘berlusconización’ e ‘trumpización`’ de España condicionada polo peso das audiencias mediáticas”
Pero tamén é unha crítica a unha sociedade alienada e distraída polo poder das plataformas de pago (Netflix, Amazon) e de grupos mediáticos que terminan ‘creando’ sen escrúpulos calquera tipo de preferencias políticas. Unha “berlusconización” e “trumpización” de España condicionada polo peso das audiencias mediáticas.