Naceu en Ferrol en 1916 e faleceu en San Diego no 2005. Foi zoóloga, oceanógrafa e profesora. Foi pioneira na pesquisa oceanográfica global. Comezou a súa carreira como pesquisadora no Instituto Español Oceanográfico en Madrid e Vigo. Despois traballou para o Laboratorio mariño Plymouth, Gran Bretaña, onde se converteu na primeira muller en participar como científica nunha expedición oceanográfica internacional co navío Sarsia, entre 1953 e 1954.
Desde 1956 continuou o seu traballo nos EE.UU. Recebeu en 1993 a Medalla de Prata de Galiza e foi escollida pola Real Academia de Ciencias para conmemorar o Día da Ciencia en Galiza en 2005. O Instituto Español de Oceanografía nomeou un navío co seu nome en 2012.
E a reflexión que me suscita isto é que non entendo como os poderes públicos prohiben en Galiza estudar en galego materias de ciencias. É a peaxe que hai que pagar por termos altos cargos galega/os na Admón. Central?
Dá a impresión de que alguén pactou co Estado destruír Galiza a cambio de nomeamentos… Eu só digo que a lealdade a quen non respecta os nosos dereitos e a quen quere borrar a nosa historia e o noso feito diferencial é suicida. Só unha certa rebeldía nos pode salvar.