Vigo | As oficinas do programa “SmartPeme” da Deputación de Pontevedra en Vigo, Ponteareas e O Porriño acollerán durante o mes de marzoun total de 21 accións formativas (7 en cada unha delas) para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade. Deste xeito,“SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
As quendas para o mes de marzo na oficina de Vigocomezan o martes 5, ás 19 horas con “O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram”. A seguinte acción será “Como promocionar o teu propio evento en redes sociais”, o xoves desa mesma semana á mesma hora. O curso “Mini aplicacións de transformación dixital” chegará a Vigo o martes 12 tamén ás 19 horas. O xoves 14, ás 18 horas, impartirase “Mellora a túa páxina web e posiciónaa en buscadores”. O xoves da seguinte semana, ás 19 horas, será a quenda de “Bokeh, domina a técnica do desenfoque selectivo”. O curso “Empresas turísticas nas AAPP. Trámites para mellorar a túa presenza en liña” chegará o luns 25 de marzo ás 17 horas. E, para rematar, “Xestiona o teu negocio dende o móbil” terá lugar o martes 26 ás 19 horas.
A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: “As vantaxes de Instagram para a promoción de establecementos turísticos”, o martes 5 de marzo, ás 17 horas. O xoves 7, ás 18 horas, terá lugar “Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics”. O martes da seguinte semana, ás 19 horas, impartirase “Que é a publicidade nativa e porque debería empregala?”. A seguinte será “O teu contido efémero: Stories en Facebook e Instagram”, o xoves 14 ás 19 horas. A quenda de “Ferramentas de Google para a promoción de negocios locais” será o xoves 21 de marzo, ás 19 horas. Por outra banda, o martes 26 á mesma hora, terá lugar o obradoiro “Fotografía de produto: todo o que debes saber”. E, xa por último, o xoves 28, tamén ás 19 horas, “Accións de marketing en Linkedin para empresas e autónomos” será a acción que impartirá o persoal do programa. A oficina “SmartPeme” de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, nº 5.
Finalmente, a oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros:iníciase omartes 5 de marzo, ás 18 horas, co curso “Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics”. “Fotografía de produto: todo o que debes saber” chegará o xoves 7 ás 19 horas. O martes da seguinte semana, ás 19 horas, impartirase “Social Media Listening: O que se di do teu negocio no Internet”. A acción “Vende os teus produtos en Facebook e Instagram” terá lugar o xoves 14 tamén ás 19 horas. O xoves 21 de marzo, ás 17 horas, chega “As vantaxes de Instagram para a promoción de establecementos turísticos”. O martes 26, ás 19 horas, impartirase o curso “Accións de marketing en Linkedin para empresas e autónomos”. E, por último, o xoves desa mesma semana, tamén ás 19 horas, terá lugar “Mini aplicacións de transformación dixital”. A oficina “SmartPeme” do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
A oficina “SmartPeme” de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na Rúa Oporto, nº 3.