O Porriño | A Concellería de Educación e as direccións dos centros de Primaria e Secundaria do vila establecerán as necesidades que poden atenderse dende o Concello para equilibrar a participación de todos os alumnos no ensino por vía telemática como consecuencia da prórroga do estado de alarma sanitaria.
Segundo estableceuse hoxe nunha reunión mantida por Lourdes Moure, concelleira de Educación cos directores dos centros docentes, o Concello de Porriño non vai a realizar e repartir fotocopias de apuntes entre os alumnos de familias que carezan de posibilidades de conexión coa Rede e de ordenadores nas súas casas, como se está a facer nalgún concello da contorna. “Entendemos que esa fórmula non equilibra senón que agudizaría os desequilibrios”, explicou Moure Varela.
De tal xeito que o vindeiro venres 17, a concelleira responsable reunirse cos directores dos centros educativos que xa aportarán listados identificando as necesidades que se precisan atender. O Concello do Porriño encargarase de aportar ordenadores portátiles e “pinchos” aos centros educativos para que os fagan chegar aqueles nenos e mozos cuias familias carezan de medios telemáticos ou de conectividade.
Disporase dos ordenadores que hai nos centros, renovaranse cargadores externos e mercaranse portátiles e “pinchos” con conexión a Internet por 3 meses que se facilitarán en préstamo ás familias. Cando remate o estado de alarma, ordenadores e demais material devolverase e quedará en depósito nos centros educativos.
O Concello “afrontará este gasto extra dispoñendo fondos dunha subvención outorgada pola Deputación Provincial ante esta situación de emerxencia que debemos afrontar aínda que se trata dunha competencia que correspondería á Consellería de Educación da Xunta de Galicia”, indicou Lourdes Moure.