A corporación provincial de Ourense apoia a defensa de idioma galego

Respaldo económico para os servizos de Normalización Lingüística

Ourense | Bernardo Varela, portavoz do grupo provincial do BNG de Ourense, manifesta o seu agradecemento polo apoio unánime de todos os partidos na Deputación ao acordo acadado en torno a defensa do galego a iniciativa dos nacionalistas no ente provincial.

O acordo partiu do recoñecemento de todos os grupos políticos con representación na Deputación de Ourense da existencia dun grave problema coa lingua galega e conqueriuse tras unha proposta do Partido Popular que mantiña toda as liñas de traballo fundamentais propostas polo Bloque Nacionalista Galego.

Con esta decisión os servizos de Normalización Lingüística nos concellos de entre 5.000 e 20.000 habitantes poidan traballar con un respaldo económico e cunha trasversalidade a todas as áreas, así como que os concellos pequenos.

Desde o grupo nacionalista agradecen a sensibilidade de todos os partidos políticos polo apoio; “a lingua singularízanos como pobo e máis aló do carácter identitario tamén ten un importante pouso, que recibimos dos nosos antergos e debemos legar a futuro para empregala en pé de igualdade co resto de linguas do mundo” manifestaba o voceiro nacionalista.

O grupo nacionalista considera un pequeno paso este , pero no bo camiño que parte do recoñecemento mutuo da existencia dun problema co idioma galego.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.