A Coruña | A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reuniuse hoxe con José Hila, rexedor de Palma de Mallorca, para compartir as experiencias e actuacións que cada unha das cidades está levando a cabo en materia de transformación urbana, moi semellantes entre si, e que están aliñadas coa Axenda 2030 e a sostibilidade.
Desta forma, as dúas capitais, unha do Mediterráneo e outra do Atlántico, puxeron en común os proxectos que están a executar. Inés Rey apuntou cara o “modelo de ciudad que estamos implementando en A Coruña y Palma, con coincidencias en las propuestas de cara a tener ciudades más amables, más humanas e ambientamentalmente sostenibles, con una mejor calidad de vida para la ciudadanía”.
Neste sentido, A Coruña e Palma comparten diversas iniciativas en materia de mobilidade, como Coruña Camiña e Palma Camina, BiciCoruña e BiciPalma, a renovación do Paseo Marítimo ou a ampliación da rede ciclista. Ademais, Inés Rey e José Hila subliñaron o traballo que se está desenvolvendo nas dúas cidades para acadar obxectivos coincidentes en termos de reformulación urbana, coa humanización dos barrios, peonalizacións e a pacificación do tráfico.
A alcaldesa da Coruña e o alcalde de Palma tamén puxeron de manifesto a importancia dos fondos europeos Next Generation, “una oportunidad para avanzar en el cambio de modelo y caminar hacia sistemas de movilidad y agenda urbana más sostenibles”, apuntou Hila.