O Covelo | Concepción Val Cousiño, veciña de Maceira-Covelo, celebrou 109 anos o 21 de novembro na compaña da súa familia e do alcalde Pablo Castillo e da concelleira María Valiñas así como do ex concelleiro José María Vázquez que a visitaron para agasallarlle un ramo de flores e unha tarta de cumpreanos.
A emigración a Alemania, o traballo no campo no lugar de Pencellos, Maceira, o da fábrica de porcelana ou guiar aos bois permanecen tatuados na súa memoria e forman parte da súa traxectoria de vida dende que naceu no ano 1915. Concepción é nai de dous fillos, Carmen e Valentín; ten tres netos, Silvia, Víctor e David, e duas bisnietas, Sara e Alicia. De igual forma reivindica como parte da súa familia ao seu xenro Antonio e á súa nora María del Carmen, así como tamén leva no seu corazón ao seu irmán Sergio, que vive en Uruguai, e ao seu marido, Valentín, que faleceu hai anos.