Repaso informativo de diversos medios españois sobre a crise migratoria actualmente existente en Ceuta e a tensión diplomática co Reino alauíta marroquí.
En eldiario.es, o titular é significativo: “Marrocos provoca unha crise con España utilizando a súa poboación para desestabilizar a fronteira de Ceuta”. Este medio sinala a Rabat como o responsable de forzar “a maior crise migratoria ata o momento na fronteira con Ceuta; en apenas 36 horas pasaron a territorio español unhas 8.000 persoas”.
O tema saharauí é identificado como o detonante da crise, toda vez a situación complícase para o goberno de Pedro Sánchez na semana de presentación do proxecto de estratexia nacional España 2050. Así, o goberno de Sánchez “nun principio tentou facer equilibrios para non sinalar directamente a Marrocos”, toda vez A Moncloa e a Unión Europea “atópanse ante o desafío do reino alauí, que promoveu esta situación en resposta á acollida en España do líder da Fronte Polisario, Brahim Ghali, por razóns humanitarias” o pasado 23 de abril.
“A Moncloa e a Unión Europea atópanse ante o desafío do reino alauí, que promoveu esta situación en resposta á acollida en España do líder da Fronte Polisario, Brahim Ghali, por razóns humanitarias”
A tensión con Marrocos ía in crescendo, segundo informou a este medio Helena Maleno, investigadora e voceiro do colectivo Camiñando Fronteiras: “Desde este sábado, o rumor de que Marrocos ía levantar os seus controis na fronteira con Ceuta e as costas de Tánger comezouse a difundir entre a poboación marroquí e as comunidades de migrantes subsaharianos”.
Segundo eldiario.es, “as tiranteces entre España e Marrocos arrastranse desde o 10 de decembro. Despois de meses organizando a Reunión de Alto Nivel (RAN) que terminaría cunha audiencia real de Mohamed VI ao presidente Pedro Sánchez, Rabat cancelouna alegando motivos sanitarios pola pandemia”.
Biden entra en escena
Pola súa banda, o diario ABC titulou que “”EEUU respalda a Marrocos en plena crise migratoria e diplomática con España”, argumentando que esta decisión define “un novo desplante diplomático da Administración de Joe Biden a Pedro Sánchez” que “pon en evidencia a frialdade” coa que Washington conduce as súas relacións con Madrid.
ABC informou da xuntanza do voceiro Secretario de Estado estadounidense Anthony Blinken co ministro marroquí de Exteriores, Nasser Bourita, o pasado 18 de maio, no que falaron “da crise palestino-israelí” e da “importancia da sólida relación bilateral e o papel chave de Marrocos no fomento da estabilidade na rexión”.
Esta declaración da a entender a fluidez nas relacións entre Washington e Rabat, basicamente tralo acordo marroquí de entablar relacións co Estado de Israel, unha das últimas iniciativas levadas a cabo pola administración de Donald Trump na Casa Branca en decembro pasado.
Todo polo Sáhara
Pola súa banda, El Mundo informou que o goberno de Sánchez “mantén liñas abertas con Marrocos” e que “non descarta a mediación do rei Felipe VI”.
Público tamén faise eco da posición de Marrocos de provocar “a peor crise diplomática con España”, toda vez publicou as declaracións do representante da Fronte Polisario para España, Abdulah Arabi, quen pediu ao goberno español “non caer na trampa de Marrocos”, porque utiliza a presión migratoria como “ferramenta de presión internacional”.
“O representante da Fronte Polisario para España, Abdulah Arabi, pediu ao goberno español ‘non caer na trampa de Marrocos’, porque utiliza a presión migratoria como “ferramenta de presión internacional”
O medio dixital El Confidencial tamén ofreceu un amplo tratamento informativo a esta crise, enfocando a súa atención nas iniciativas de Marrocos e do que considerou como os “erros da diplomacia española” co respecto á acollida do líder da Fronte Polisario saharauí.
Toda vez, El País titulou as críticas contra Sánchez por parte do líder do PP, Pablo Casado, culpando da crise migratoria en Ceuta ao “caos de Sánchez”. Este medio tamén reflectiu o apoio da UE a Pedro Sánchez nesta crise migratoria.
Unha análise no diario La Vanguardia interpreta asertivamente a chave principal desta crise migratoria y diplomática entre Rabat e Madrid: “Marrocos, todo polo Sáhara”, ofrecendo igualmente un perfil de Brahim Ghali, o líder do Polisario e aparente detonante desta crise.