DEPUTACIÓN DA CORUÑA | O deputado da área de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico-Artístico, Xosé Regueira e o presidente da Academia Galega do Audiovisual asinaron un convenio polo que a Deputación da Coruña apoia a realización dos Premios Mestre Mateo.
A través dun convenio de colaboración, a Deputación da Coruña compremétese a apoiar os Premios Mestre Mateo, convocatoria organizada pola Academia Galega do Audiovisual para premiar as mellores producións e profesionais do ano do cine, multimedia, publicidade, televisión e vídeo.
A colaboración da Deputación cos Mestre Mateo ascende a 15.000 euros para o financiamento da actividade que consiste non só na gala de entrega dos premios senón tamén nos actos premios de lectura e xuntanza de persoas nominadas e representantes, encontros profesionais e proxección da convocatoria fóra de Galiza.