A Deputación da Coruña leva a cincocentos nenos e nenas a practicar esquí en Manzaneda

O prazo de inscrición na Campaña de Esquí 2020 está aberto ata o 4 de decembro nos concellos da provincia

Deputación da Coruña | A área de Deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2020 diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e nenas entre os 11 e os 15 anos de idade dos municipios coruñeses.

Nesta nova edición participarán un total de 500 rapaces que, como é habitual, estarán repartidos en cinco quendas de catro días de duración cada unha.

As excursións á neve desenvolveranse entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro

Con esta nova edición da campaña, a institución provincial que preside Valentín González Formoso pretende que os rapaces da provincia teñan a oportunidade de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí, ao mesmo tempo que participan en diversas actividades deportivas e culturais que se organizarán de xeito complementario.

As viaxes terán un custe de 85 euros e inclúen transporte, estadía en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Inscrición nos concellos ata 4 de decembro

Os interesados/as en participar deberán presentar no seu concello a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor do solicitante. O prazo de inscrición remata o vindeiro 4 de decembro de 2019.

A ficha de inscrición e toda a información correspodente á Campaña de Esquí 2020 pódese descargar da páxina web da Deputación da Coruña www.dacoruna.gal/deportes.

Quendas
As quendas por concellos desenvolveranse nas seguintes datas:

1ª quenda
(do 24/01/20 ao 27/01/20)
Boiro, Brión, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dodro, Dumbría, Fisterra, Lousame, Muros, Muxía, Noia, Outes, Padrón, Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Vimianzo e Zas

2ª quenda
(do 31/01/20 ao 03/02/20)
Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Cerceda, Frades, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Pino, Rois, Santiago, Teo, Tordoia , Touro, Trazo, Val do Dubra e Vedra

3ª quenda
(do 7/02/20 ao 10/02/20)
Arteixo, Cabana, Cambre, Carballo, Carral, Coristanco, Culleredo, Laxe, Laracha, Malpica, Mazaricos, Oleiros, Ponteceso e Santa Comba

4ª quenda
(do 14/02/20 ao 17/02/20)
Ares, Cariño, Cedeira, Cerdido, A Coruña, Ferrol, Mañón, Moeche, Narón, Neda, Ortigueira, San Sadurniño, Somozas e Valdoviño

5ª quenda
(do 21/02/20 ao 24/02/20)
Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Cabanas, Capela, Coirós, Curtis, Fene, Irixoa, Melide, Miño, Mugardos, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, As Pontes, Sada, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar