A Coruña | A Deputación da Coruña distrubirá nas vindeiras semanas 230.000 mascarillas entre os 93 concellos da provincia.
Así o confirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, durante unha videoconferencia celebrada nas últimas horas cos portavoces dos diferentes grupos políticos respresentados na corporación provincial, aos que anunciou que a institución provincial comezará esta mesma semana o reparto das primeiras 130.000, parte delas provintes dunha doazón, que xa están no parque móbil da Deputación na cidade herculina, e acaba de adquirir 100.000 máis, que serán suministradas aos municipios coruñeses durante o mes de abril. O contrato reserva a prosibilidade de suministro de 100.000 máis, que chegarían xa en maio.
González Formoso destaca a importancia de “traballar de forma coordinada para facer chegar a maior cantidade de material de protección aos concellos no menor tempo posible”
A Deputación adquiruiu a maiores outras 5.000 mascarillas destinadas ao seu persoal e a centros provinciais especialmente sensibles coma o Fogar Infantil Emilio Romay da Coruña.
O reparto levarase a cabo a través da plataforma loxística Clonegal da Xunta de Galicia, centro designado pola administración autonómica para canalizar e centralizar todos os envíos de material de protección aos concellos, así como a a loxística necesaria para súa distribución durante a crise do Covid-19.
O presidente da Deputación agardeceu a colaboración loxística da Xunta de Galicia e volveu a subliñar a importancia de “traballar de forma coordinada entre todas as administracións para facer fronte a unha crise sanitaria sen precedentes”.
“A intención do goberno provincial é colaborar co Goberno de España e a Xunta de Galicia facer chegar a maior cantidade de material de protección a todos os concellos da provincia con criterios de reparto xustos e no menor tempo posible, tal como demandan os alcaldes e alcaldesas”, afirmou.
González Formoso aclarou que a Deputación da Coruña seguirá adquirindo e enviando material de protección aos concellos durante o tempo que sexa preciso. “Somos conscientes de que é unha prioridade e todas as administracións estamos volcadas en intentar conseguir a maior cantidade de material posible”, apuntou.
O material irá destinado aos concellos da provincia da Coruña, que decidirán o fin dos equipamentos en función das súas necesidades, distribíndoas entre a cidadanía ou entre os profesionais de servizos esenciais municipais coma a axuda no fogar, protección civil e policía municipal ou atención a dependentes, que precisan destes materiais para cumplir con seguridade as súas funcións.
As mascarillas suministradas pola Deputación son de tipo cirúxico de triple capa e contan con certificado CE para produtos sanitarios segundo a directiva europea 93/42/EEC.