A Deputación de Ourense adxudica unha oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética

Haberá comunidades enerxéticas en A Gudiña e Muiños, e outra en Portugal

Ourense | A Deputación de Ourense vén de adxudicar a enxeñería Sertogal S.L por un total de 269.678,75 € (IVA incluído) a creación dunha oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética que prestará servicios de soporte na creación e consolidación de comunidades enerxéticas e información sobre mecanismos de axudas e novas iniciativas en materia de transición enerxética dentro do Proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do Programa INTERREG VI-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2021-2027.

A Deputación de Ourense, no marco do mencionado contrato, primeiramente redactará un plan de viabilidade económica no que se incluirá información sobre os custes e o presuposto estimado para a creación dunha CEL así como sobre os recursos financieiros dispoñibles para levala a cabo. Tamén incluirá detalles sobre as regulacións legais e os permisos necesarios para establecer un sistema de enerxía comunitario, de maneira que queden claros os pasos necesarios para establecer un sistema de xeración e distribución de enerxía nunha comunidade específica teñendo en conta as condicións físicas, sociais e tecnolóxicas do territorio de implantación.

Ademáis deseñará un sistema de participación dos axentes implicados na constitución das CEL organizando diversas reunións así como accións de información, impulso, dinamización, formación e concienciación sobre transición enerxética e realizaránse diversas campañas de comunicación y sensibilización sobre aforro e eficiencia enerxética enfocadas na cidanía en xeral. Tamén contará cunha oficina para a atención ao público en xornada de mañá de lúns a venres no término municipal de Ourense.

Asimismo, crearánse 17 comunidades enerxéticas locais que se concretarán co seu rexistro oficial así como coa redacción dos seus estatutos.

Por último, redactará 17 proxectos técnicos para a construcción, instalación, montaxe e posta a punto das infraestructuras necesarias para a producción de autoconsumos colectivos de tecnoloxía solar fotovoltaica para as comunidades enerxéticas creadas co proxecto. Dentro deste proxecto ten especial relevancia a creación de dúas comunidades enerxéticas na provincia de Ourense, en A Gudiña e Muiños, e outra en Portugal, as cales contarán con financiación para a creación e posta en funcionamento das mesmas, facendose as instalacións necesarias.

O proxecto 0052_COMENERG_1_E, presentado a terceira convocatoria do Programa de Cooperación Interreg VI A España-Portugal foi aprobado a finais do 2023, sendo a Deputación de Ourense o Beneficiario Principal dun proxecto no cual tamén participan CIM Alto Minho, Instituto Politécnico de Viana do Castelo, Area Alto Minho, Instituto enerxético de Galicia e a Universidade de Vigo. Na foto de Gudivilla vista aérea de A Gudiña (Ourense)

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.