Ourense | O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no pazo provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal), no que se abordaron diferentes liñas de colaboración entre a institución provincial e esta entidade en materia de formación e asesoramento para os preto de 800 asociados.
O tesoureiro, Celso Gómez, maila técnico da asociación, Laura Rodríguez, explicaron a Luis Menor o labor que desenvolve un colectivo fundado hai 12 anos para apoiar ás empresas, agricultores e gandeiros da Limia.
Trala xuntanza, o presidente provincial puxo en valor o traballo dunha asociación que pon o foco das súas accións “na comarca máis puxante do sector primario da provincia e unha das máis importantes de Galicia”.
Menor explicou que Adegal seguirá contando co apoio da Deputación, tal e como se reflicte no capítulo de axudas a entidades incluído no expediente de modificación de créditos, aprobado inicialmente no pleno de abril. A colaboración, engadiu, vaise manter con outros proxectos que iranse definindo ao longo do ano.