O Barco de Valdeorras | Dentro da xornada de traballo intensiva que hoxe está a desenvolver o presidente da Deputación, Luis Menor, na comarca de Valdeorras, na tarde de hoxe mantivo un encontro coa directiva do Casino de O Barco, presidida por Pablo Dobao.
Esta institución sufriu na madrugada do pasado 11 de setembro un incendio na súa sede que danou o tellado e a terceira planta do inmoble. Por este motivo, a actividade desta sociedade recreativa, con 380 socios na comarca, viuse interrompida, aínda que finalmente os danos foron menores dos que nun principio se temía.
Neste senso, o presidente provincial, Luis Menor, comprométese co Casino de O Barco a artellar as axudas precisas, dentro das posibilidades da Deputación, para rehabilitar este edificio adaptándoo á normativa actual de seguridade. O presidente provincial valorou que esta institución “é un espazo emblemático para a cultura barquense cunha excelente folla de servizos”.
Debido ao labor social e cultural de primeiro orden do Casino de O Barco, Luis Menor comprometeuse a continuar mantendo reunións para buscar a mellor e máis efectiva cooperación da Deputación “con este emblema dos últimos decenios da sociedade barquense, que recientemente triplicou amplamente os seus socios, ten as súas contas saneadas e un nivel de actividade notable”.