Ourense | A Deputación e a Confederación Empresarial de Ourense continúan a reforzar a súa cooperación activa iniciada hai anos e que permitiu desenvolver diversos programas a prol da creación e reforzo do emprego na provincial.
Así, no salón de actos da CEO, os presidentes de ambas institucións, Luis Menor e Marisol Nóvoa, respectivamente, asinaron un convenio para desenvolver neste ano unha nova edición do Plan ReActiva Ourense, de fomento dixital do emprego e Emprendemento.
Este convenio desenvolverase durante todo o ano a través dun total de 6 programas, con 108 horas de formación conxunta e 90 horas de mentoring e seguimento individualizado, podendo alcanzar os 90 participantes. Na sinatura do acordo, o presidente provincial, Luis Menor, recalcou a importancia desta iniciativa de reactivación dixital do emprego e o Emprendemento, “moi acaída para captar na nosa provincial a persoas que teletraballan a distancia, os chamados ‘nómadas dixitais’, que supoñen unha oportunidade para atraer e fixar poboación”.
Menor destacou tamén que a CEO “é un axente fundamental á hora de falar do empresariado ourensán e do fomento da súa competitividade, por iso a Deputación de Ourense ten que estar ao seu carón para promover iniciativas que axuden, por exemplo, á internacionalización das empresas ourensás, plan no que xa plasmamos o noso compromise apoiando o programa ExportOU”.
O presidente da Deputación agradeceu expresamente á directiva da CEO, liderada por Marisol Nóvoa, “o seu incansable traballo e o clima de diálogo e colaboración que sempre propician polo ben da provincial” e reiterou a vontade firme da institución provincial de apoiar cantas iniciativas desenvolvan para “crear, reforzar e mellorar os postos de traballo e creación de riqueza en Ourense”.
Por la súa banda, a presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, Marisol Nóvoa, reiterou o agradecemento da institución empresarial á Deputación, “pola súa cooperación e vontade constante de colaboración”
Reactivación dixital
O Plan ReActiva Ourense consta de dúas vertentes: a de reActivación dixital do emprego e a do emprendento. Coa primeira, o que se pretende é formar aos participantes na adquisición de competencias dixitais que lle permitan mellorar a súa empregabilidade na súa contorna máis sostible.
Realizarase a través de 4 programas dirixidos a unha media de 10-15 participantes, por programa, polo que o total de participantes podería alcanzar as 60 en toda a provincia.
A segunda articúlase en torno ao asesoramento para o autoemprego e emprendemento dirixido a impulsar a creación de emprego e a mellorar as posibilidades de acceso a un emprego digno, por conta allea ou propia, ao mantemento e mellora da súa empregabilidade e competitividade, ao fomento do espírito empresarial, a través da transformación dixital das persoas en busca de emprego por conta allea e emprendedoras. Desenvolverase a través de 2 programas, cunha media de 10-15 participantes por cada un, polo que podería alcanzar as 30 persoas en toda a provincia.