Ourense | A Deputación de Ourense e os balnearios da provincia traballan na creación do primeiro “Catálogo Termal”, que agrupe e clasifique a totalidade de técnicas termais que se administran no territorio ourensán.
Dividido en dous ámbitos, o primeiro apartado deste traballo consiste en homoxeneizar a nomenclatura de todos os tratamentos termais, de maneira que cunha única denominación póidanse definir as técnicas comúns entre os balnearios da provincia.
A segunda acción permitirá establecer un sistema de “Códigos Únicos de Técnicas Termais” (CUTT). A orixe desta iniciativa entre a Deputación e os establecementos termais ourensáns parte das investigacións e os traballos realizados pola cátedra de Hidrología Médica da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida polo doutor Juan Gestal e composta por un equipo de especialistas coordinados por doutóraa Dores Fernández.
Desde a propia cátedra desenvolveuse un documento técnico que contempla a vía de administración da técnica (oral, balneación, respiratoria…), a súa denominación, a súa descrición, o rango de temperatura da súa aplicación, a instalación termal adecuada para a súa prestación, o tempo de administración e o seu código. Estes serán os parámetros que configurarán cada técnica do Catálogo Provincial.
A área de Benestar da Deputación traballa desde hai semanas o colaboración cos balnearios para que cada centro termal sinale cales son as técnicas que administra. A información, recollida nun único documento, será supervisada pola mencionada cátedra para dar forma ao catálogo.
O Programa de termalismo social provincial 2024 incorporará os “códigos únicos” Unha das primeiras utilidades deste catálogo, xunto cos códigos únicos de técnicas termais será a súa incorporación ás diferentes modalidades e tratamentos do programa de Termalismo Social 2024.
Deste xeito iguálase a información sobre as técnicas, con independencia do balneario que as oferte, ademais de dar un novo paso na dixitalización e xestión do programa, pois os códigos únicos permitirán avanzar na creación da historia clínica termal (HCT). Este é un proxecto no que traballa desde hai anos o sector termal, co obxectivo de acordar criterios médicos de prescrición das diferentes técnicas termais, ao que se engadiría a mesma codificación.
O catalogo provincial” e os seus códigos serán propostos como base do proxecto HTC, o cal tamén axudará a avaliar os tratamentos e o seguimento dos pacientes, ademais de cooperar con outras especialidades médicas para contribuír á mellora de pacientes crónicos. Grupo de traballo internacional a través de Termatalia
A Deputación de Ourense propoñerá en Termatalia Uruguai, que se celebrará do 4 ao 6 de outubro en Salto e Paisandú (Uruguai), a creación dun grupo internacional de traballo que avalíe o proxecto desenvolvido en Ourense e analice a posibilidade de estender o sistema de códigos únicos ao resto de Galicia e España. Tamén se estudará un CUTT internacional que relacione os códigos empregados polos balnearios de Ourense cos códigos que se utilicen noutros países.
Esta liña de traballo –os códigos únicos internacionais- figura na candidatura aos fondos europeos de cooperación transfronteiriza co obxectivo de dar continuidade ao proxecto Raia Termal. Así, a Deputación convidará a formar parte deste grupo de traballo á Escola Profesional de Hidrología Médica e Hidroterapia da Facultade de Medicina da Universidade Complutense de Madrid, á Sociedade Española de Hidrología Médica, á International Society of Medical Hydrology (ISMH) e á ESPA (European Spas Association)