Ourense | A Deputación de Ourense presentou unha nova edición, a número 36, do Anuario da Gaita, publicación realizada a través da Escola Provincial de Gaitas e que recolle en preto de cen páxinas os eventos e traballos máis destacados do 2021 en torno ao mundo deste instrumento.
César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación, definiu esta publicación como “a revista de referencia no ámbito científico da cornamusa” e valorou a aposta da Deputación de Ourense pola “reivindicación da música e a cultura tradicional como unha parte fundamental da nosa identidade”.
Xosé Casal, autor das pinturas que ilustran esta publicación, valorou a importancia do traballo de Xosé Lois Foxo ao fronte da Escola Provincial de Gaitas e destacou a importancia de blindar a cultura galega. Pola súa banda, Xosé Luis Galán remarcou a influencia de Xosé Casal na súa propia traxectoria profesional.
O investigador ponderou a “importancia desta publicación” e invitou a seguir traballando “para recoller a cultura tradicional, sen renunciar á evolución, pero avanzando na arquivo da tradición galega”. Xosé Lois Foxo, director da Escola de Gaitas, valorou a importancia de “manter viva esta publicación, un compendio da cultura da gaita e a súa historia”, e que se enmarca dentro “da especial sensibilidade que ten a Deputación de Ourense pola cultura”.