Sober | A Escola Municipal de Teatro de Sober rematou a temporada escolar coa gravación dunha breve peza para público infantil. Trátase dunha adaptación libre de As laranxas máis laranxas de todas a laranxas, do escritor Carlos Casares. A obra poderá verse nas redes sociais do Concello de Sober.
A pesar da situación sanitaria e social dos últimos meses, a EMT de Sober continuou o seu traballo dentro da maior normalidade posible. Ao longo do curso realizáronse diversas actividades ao redor das artes escénicas.
Ademais das clases regulares, co grupo adulto, no centro socio-cultural fixéronse obradoiros mensuais dentro do espazo Merendas con Contos. Por outra banda, no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme impartiuse un obradoiro de teatro radiofónico.
Deste modo, o Concello de Sober segue apoiando as Artes co lema de que, en palabras do alcalde: “A cultura non pode parar”.