Chantada | A profesora, escritora e xornalista Fina Casalderrey será a pregoeira da edición número 41 da Feira do Viño de Chantada, que se celebrará o 8 ao 10 de marzo.
Nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é autora de diferentes publicacións e foi premiada moitas veces polas súas obras literarias, gastronómicas e xornalísticas.
Foi galardoada no Puro Cora en 2001 e tamén se fixo co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996 e coa Medalla Castelao en 2003. Forma parte, ademais, da Real Academia Galega.
A lectura do pregón será desde o escenario que será instalado na Praza de Galicia, contorna que albergará as adegas participantes na feira.