A Estación de Montaña Manzaneda ten a punto 23 pistas e 17 quilómetros esquiables

Os técnicos revisaron todas as infraestructuras asociadas

Ourense | O inverno está a chegar e a Estación de Montaña Manzaneda espérao coa tranquilidade de quen fixo celosamente todos os seus deberes e, ao mesmo tempo, coa esperanza de que faga cunhas condicións climatolóxicas favorables, ben en forma de neve ou, polo menos, de frío, para poder fabricala artificialmente cos seus 29 canóns.

A Estación de Montaña Manzaneda está hoxe cen por cento operativa para o inverno, tal vez como ningún outro ano. Teno todo a punto e con máis antelación que nunca, polo que agora xa só resta esperar polo único que non depende dela: que a climatoloxía axude traendo neve ou polo menos frío para poder fabricala.

É unh evidencia que a altitude da Estación é un hándicap cada vez maior para ter neve natural, debido aos tamén cada vez máis evidentes efectos do cambio climático. Ante a falta de neve, a única alternativa está nos canóns, a condición de que se dean as condicións propicias para o seu funcionamento.

A aposta e o impulso da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia á Estación, coa colaboración dos concellos de Trives e Manzaneda mellorou de forma notable o funcionamento e a eficacia dos canóns, como se comprobou durante as últimas tempadas e espérase ratificar na que se aveciña.

De feito, tras unha exitosa tempada de verán, e a pesar de que non deixou de acoller eventos deportivos, xa desde finais de setembro a Estación envorcou os seus esforzos en preparar a conciencia a tempada que vén, revisando todas as infraestruturas asociadas, moi especialmente os canóns e os diferentes remontes, ademais das canalizacións, a sinalización ou as pistas.

Revisións
Técnicos das empresas que instalaron tanto os canóns como os telecadeiras desprazáronse a Manzaneda para a revisión dos seus principais e máis complexas infraestruturas.

Os 29 canóns quedaron definitivamente listos xa en outubro e agora só agardan as condicións meteorolóxicas de temperatura e humidade para poñerse a funcionar. Para iso, o termómetro ha de baixar dos -2,5 graos centígrados.

O mesmo pódese dicir das balsas das que os canóns toman a auga, que tamén están revisadas, cheas e operativas para entrar en funcionamento en canto sexa necesario. A interbalsa (situada na parte superior da Estación) está ao 98% da súa capacidade e ao 90% a outra.

O desembragable xa quedou definitivamente reparado en xuño, por parte da mesma empresa que o instalou no seu día. Substituíuse o variador (a peza que fallara no seu momento) e os axustes, revisado todo o sistema de freado, renovado colchóns e colocado nova sinalización. E igual co telecadeira de pinza fixa, que una vez posto a punto estreará asentos e respaldos nas súas 103 cadeiras. Ambos remontes e os telesquíes xa superaron tamén as probas de carga.

A estes traballos súmanse outros menores, pero igual de importantes, como a instalación de centos de metros de tubaxes para a drenaxe das pistas, colocadas en lugares estratéxicos para evacuar a auga do desxeo e garantir unha maior durabilidade da neve. As 23 pistas e os case 17 quilómetros esquiables da Estación de Montaña, así como os miles de afeccionados á neve que a frecuentan, esperan agora polo único que xa non depende de ninguén máis que do clima: neve ou frío.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.