Ponteareas | O goberno de Ponteareas anuncia que o proxecto da estratexia de desenvolvemento urbano “Ponteareas, Hábitat Saudable” realizada polo estudio de arquitectura Mmasa resultou premiada pola Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo.
Nun acto que se celebrará esta tarde na cidade de Santander, o Alcalde de Ponteareas e o arquitectos Luciano Alfaya e Patricia Muñiz recollerán este galardón que a Bienal otorga a 23 obras arquitectónicas tanto do estado como internacionais na sección “Panorama de Obras”.
A listaxe de galardoados inclúe arquitectos consagrados e despachos de arquitectos nóveles combinando proxectos de paisaxe e de espazo público con traballos de rehabilitación, equipamentos públicos e edificios de vivendas.
Para o Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, este recoñecemento é unha proba máis de que o futuro de Ponteareas se está a planificar cunha estrutura de éxito e cunha cimentación sólida e de calidade.
A Estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” financiada con fondos da Unión Europea, marcas as pautas e as liñas a seguir para o desenvolvemento de Ponteareas, un desenvolvemento no que a cidade sexa das persoas, donde a sostibilidade sexa un fío condutor e no que a participación cidadá sexa un feito.
Para o Alcalde este é un recoñecemento moi importante que avala o traballado iniciado hai tres anos por todo o goberno local, “convertimos as ideas en proxectos para mellorar o futuro dos e das ponteareás. É un premio aos técnicos da estratexia que nos anima a avanzar na liña marcada”.
O primeiro paso a seguir cando o goberno quixo por rumbo ao cambio foi a realización ada estratexia de desenvolvemento urbano sostible (EDUSI) que supuxo un punto de inflexión en relación aos planeamentos anteriores e pola que se obtiveron 5M€ de fondos FEDER (Fondo Europeo de Desarrollo Regional). O seguinte documento na consolidación da estratexia urbana foi o estudo de Mobilidade Sostible centrado na mellora dos espazos públicos e en priorizar os percorridos para peóns e bicicletas ou ciclomotores financiado pola Deputación de Pontevedra e apoiado polo departamento de Mobilidade que dirixe Uxío Benitez.
O deputado de Mobilidade Uxío Benítez, pola súa banda, manifestou a súa satisfacción polo recoñecemento da estratexia de Ponteareas. Destacou que a Deputación de Pontevedra, dende a súa chegada ao goberno, apostou pola recuperación de espazos públicos para as persoas, motivo polo que financiou íntegramente o Plan de Mobilidade Sustentable de Ponteareas como proxecto piloto dentro da provincia.
Benítez sinalou que o obxectivo do PMS da Deputación foi que o municipio desenvolva espazos de calidade urbana e recupere zonas habitualmente ocupadas polos coches para xerar novos lugares de encontro da veciñanza e fomentar desprazamentos sustentables.
“Entendemos que o espazo público é un dereito da cidadanía como o pode ser a sanidade ou a educación. A democratización do espazo, que veciños e veciñas dispoñan de áreas amables, seguras e accesibles, debe ser un reto para as administración locais e vemos que así o entenderon tamén na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo ao premiar os proxectos Edusi e o Plan de Mobilidade Sustentable de Ponteareas”.
O nacionalista apuntou que logo do PMS de Ponteareas a Deputación puxo en marcha, seguindo os mesmos criterios, outros 41 plans de mobilidade sustentable para concellos da provincia ao que se destinaron máis de 5210.000 euros.
Estas son algunhas das premisas nas que se fixou esta edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo que puxo a ollada no concepto de habitar como fundamentoda arquitectura e da humanización da cidade. Unha idea que se explica pola calidade e cualidade dos espazos, xa sexan domésticos ou públicos, urbanos ou rurais. A Bienal busca valorar os entornos, a vida na sociedade, os espazos… A humanización da arquitectura e d cidade baséase na proximidade, nas escalas humanas, nos espazos tanto de relación como de intimidade.
Ao acto de entrega de premios asistiron, entre outras autoridades, a Alcaldesa de Santander, o Conselleiro de Obras Públicas e Vivenda de Cantabria, o presidente do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España.