Monforte de Lemos | José Tomé, alcalde de Monforte, participou na presentación do proxecto de Kern Pharma para o Polígono industrial de O Reboredo de Monforte de Lemos, presentación que tivo lugar na sede da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela.
No acto de presentación deste importante proxecto para Monforte, participaron o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o vicepresidente e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, o presidente do Grupo Indukern, José Luis Díaz-Varela, e o vicepresidente executivo do Grupo Indukern e presidente de Kern Pharma, Raúl Díaz-Varela.
José Tomé salientou que “hoxe é un día importante para o Concello de Monforte, para o seu Polígono Industrial de “O Reboredo e para a comarca de Lemos, porque hoxe damos a coñecer un proxecto empresarial que aposta por investir en Monforte nun proxecto innovador y que suporá, sen lugar a dúbidas, un antes e un despois na evolución económica da nosa cidade e do sur da provincia de Lugo”.
O proxecto consolidouse e chegou a bo fin tras 5 anos de xestións e negociacións do Alcalde monfortino cos responsables do Grupo Indukern. Neste senso, José Tomé sinalou “hoxe é un día especial para o Concello de Monforte, porque estas xestións teñen un final feliz, que van permitir que se materialice nunha nova planta de inxectables de Kern Pharma no Reboredo”.
As negociacións entre o rexedor municipal e os responsables do Grupo Indukern e Kern Pharma, incluíron visitas destes a Monforte, así como reunións de traballo en Barcelona así coma nos laboratorios deste grupo farmacéutico.
Do mesmo xeito, o alcalde colaborou estreitamente en todas as xestións que foi preciso realizar para o desenvolvemento deste proxecto en Monforte, en concreto con Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), co IGAPE, coa Deputación de Lugo e co Concello monfortino.
“Ademais de toda a colaboración administrativa como Concello emprendedor que somos recoñecido pola Xunta”, salientou o rexedor municipal, “colaboraremos en 3 liñas, no ICIO, no IBI e no IAE, porque esta aposta empresarial merece a pena”.
Máis de 33 millóns de euros de investimento en Monforte
Este proxecto industrial suporá a atracción dunha importante inversión de máis de 33 millóns de euros, “que vai seguir potenciando e consolidando o auxe do Polígono Industrial de O Reboredo”, destacou o alcalde.
José Tomé agradeceu o compromiso e a implicación dos responsables do Grupo Indukern e Kern Pharma con Monforte, cidade natal de José Luis Díaz-Varela, “unha empresa referente no sector a nivel nacional e internacional, que vai crear un bon número de postos de traballo directos e que vai axudar a dinamizar a zona”.
“Todos os veciños e veciñas de Monforte”, engadiu o rexedor monfortino, “estamos orgullosos e satisfeitos de que un fillo de Monforte, José Luis Díaz-Varela, volva á súa cidade natal, tras máis de 7 décadas, dende que a deixase atrás para emprender unha brillante traxectoria empresarial, como fundador e presidente do Grupo Indukern, e neste regreso á súa terra natal, volve cun pan debaixo do brazo”.
O alcalde anunciou o compromiso dos responsables do Grupo Indukern e de Kern Pharma de facer un acto explicativo deste proxecto en Monforte, e engadiu que “estou convencido de que isto non vai ser un feito illado e que en breve, coñeceremos novas iniciativas que van impulsar a Monforte e ó interior de Galicia, nunha comarca singular e excepcional como é a Ribeira Sacra”.
José Tomé, agradeceu a colaboración do IGAPE neste proxecto, reiterou o seu agradecemento, en nome dos veciños e veciñas de Monforte, ó Presidente do Grupo Indukern e ó Vicepresidente executivo do Grupo Indukern e Presidente de Kern Pharma, polo seu compromiso e implicación con Monforte de Lemos e co seu polígono industrial de O Reboredo.
“O futuro está por escribir, pero o futuro empeza a mellorar para Monforte”, concluíu o alcalde.
Nova planta de produtos inxectables de Kern Pharma
Está previsto que Kern Pharma, o laboratorio farmacéutico do Grupo Indukern, iniciará no primeiro trimestre de 2023 a construción dunha planta de produtos inxectables en Monforte de Lemos. Esta nova fábrica lle permitirá triplicar a súa capacidade de produción e crecer no mercado dos medicamentos éticos e xenéricos, tanto nacional como internacionalmente.
A nova planta suporá unha inversión inicial de 33M€, que se destinarán á execución de toda a obra civil e á posta en marcha da primeira das catro áreas produtivas previstas: unha para ampollas -a primeira en entrar en funcionamento-, outra para viais e dúas más dedicadas a proxectos de innovación. Ademais das zonas de fabricación, as instalacións contarán con laboratorios, área loxística e espazo de oficinas. Todas están deseñadas seguindo estándares de ecoeficiencia e sostenibilidade. En total, as instalacións ocuparán unha superficie de 14.000m2.
José Luis Díaz-Varela, mostrou a súa confianza en que “esta planta no solamente impulse el crecimiento de Kern Pharma y del Grupo Indukern, sino que también tenga un impacto positivo en el territorio, dinamizando el desarrollo económico, social y la generación de empleo de la zona” e agradeceu a todas as administracións, tanto locais como autonómicas, o seu apoio e colaboración para que esta planta sexa unha realidade: “Como monfortino, este proyecto es una gran satisfacción para mí y estrecha aún más la relación de nuestra familia y la de nuestro grupo empresarial con Monforte y con Galicia”.
Pola súa banda, Raúl Díaz-Varela, remarcou que “esta planta es también un ejemplo de nuestro compromiso con la producción nacional. Tenemos que contar con una industria farmacéutica robusta, que apueste por plantas de producción propias que den respuesta a las necesidades de abastecimiento que se han hecho más patentes durante la pandemia”.
E insistiu en que “al ser un proyecto de esta envergadura vamos a avanzar paso a paso, poniendo en marcha las distintas áreas productivas de manera escalonada e incorporando el equipo humano según avancen las necesidades. La previsión inicial es comenzar con una producción de 50mill/uds año de ampollas y contar con un equipo de aproximadamente 50 personas a los tres años desde la puesta en marcha”.