Ourense | As trece sedes das Feiras do Libro de Galicia estarán en: A Coruña. Ferrol, Santiago, Lugo, Porriño, Villalba, Ourense, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro, Foz e Monforte de Lemos. Citas imprecindibles para os amantes da lectura, organizada cada ano pola Federación de Librerías de Galicia, que neste 2022 estrea unha nova imaxe, dinámica, fresca, próxima e optimista.
Os libros como guías, como instrumentos non só para abrirnos xanelas a outras realidades, máis tamén como acompañantes no día a día, ofrecéndonos apoio cando o precisamos, esta é a imaxe que inspirou a cartelería deste 2022, na que un pequeno lector leva un libro como un globo, pero á súa vez, é levado por el. Unha imaxe evocadora da importancia da lectura na nosa vida diaria, representando cotidaneidad pero tamén o movemento que nos ofrece a lectura.
As Feiras do Libro 2022 arrincarán esta fin de semana coa primeira cita, en Ferrol, e continuarán ata finais de agosto, nun calendario completo que permitirá aos galegos gozar dunha programación diferente, na que se combinarán as actividades lúdicas coas presentacións e firmas de libros habituais nestas citas.
A Federación de Libreiros de Galicia é unha institución constituída sen fins de lucro, integrada actualmente por 141 librerías de toda Galicia, que leva 45 anos traballando pola defensa de intereses comúns do sector, e fomentar o crecemento dos lectores con diversas campañas.