A Feira do Viño de Chantada celebrase do 7 ao 9 de marzo

Os empresarios organizan a Feira de Oportunidades

Chantada | Na segunda fin de semana de marzo, do 7 ao 9, celebrarase a XLII Feira do Viño de Chantada, que como é habitual abre as feiras do viño na denominación de orixe Ribeira Sacra. A cita en Chantada anúnciase, un ano máis, da man do artista multidisciplinar, Juan José Lomarti.

O autor leva varios anos elaborando os carteis para anunciar a Feira do Viño de Chantada. En anteriores ocasións os seus deseños reflexaron o icónico da Feira, utilizando uvas, botellas, copas ou cores para representar a esencia aromática do viño; noutras, a protagonista foi a figura humana, como é o caso do cartel deste 2025.

“Quería representar alegría e celebración festiva, ademais dos matices do viño,…a proposta deste ano é máis de festival, de celebración humana”, explica Lomarti.

Durante os tres días de Feira degustaranse os viños das ribeiras de Chantada e contarase con diferentes actividades ao redor do viño, actuacións musicais e a Feira de Oportunidades da Asociación de Empresarios de Chantada. Unha vez presentado o cartel, a organización convocará ás adegas nun encontro previo á celebración cuxa programación darase a coñecer próximamente.

O alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, anima a participar na Feira que abre o calendario de feiras do viño, “e que representa un dos nosos produtos máis emblemáticos, o que converte a Feira do Viño nunha das citas máis representativas e festivas do Concello, como reflexa o cartel de Lomarti”.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.