Tui | Un total de quince establecementos tudenses ofrecen neste mes de setembro unha oferta gastronómica que recolle o legado xudeu vinculado á cociña co bacallau coma protagonista. Así dentro da programación ‘Setembro Xudeu en Tui’ pódese degustar o Menú Sefardí preparado polo Parador de Turismo San Telmo que ofrece cebola rechea de cabaza especiada, pistachos e melaza de granada, “albondiguillos” de peixe con salsa de limón e “Ginestada”.
Amais outros catorce establecementos ofertan dende taquiños de bacallau en tempura, empanadillas de bacallau, bacallau ao forno, tosta de grelos e bacallau ou croquetas, arroz con bacallau ou bacallau con xudías brancas entre outras elaboracións.
Os establecementos participantes son Restaurante Casa Pote, Restaurante Cruceiro do Monte, Restaurante El Molino, Emma Tapas & Brunch, Restaurante Tapería Época, Albergue Ideas Peregrinas, Restaurante Jaqueyvi, Restaurante Monte Aloia, Tapería O Albergue, Restaurante O Novo Cabalo Furado, Restaurante O Vello Cabalo Furado, Parador de Turismo San Telmo, Restaurante Cafetería Puro Sabor, Tapería Santiamén e Mesón Tapas e Viños.
Esta oferta gastronómica nos establecementos locais complétase con dúas actividades máis que terán lugar o domingo 24 e luns 25 deste mes da man do cociñeiro e director do proxecto Sabores de Sefarad da Red de Juderías Javier Zafra, acompañado polo cociñeiro do Parador de Tui, Emilio González.
Así o domingo 24 ás 19 h na praza de San Fernando terá lugar a actividade Cociñando a historia. Elaboración e degustación de receitas do libro “Sabores de Sefarad, los secretos de la cocina judeoespañola”. O luns 25 ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez ofrecerá a charla “Gastrosimbología, conocer las claves y los mensajes de la cocina judía”. Para estas dúas actividades as prazas son limitadas e é preciso inscrición previa en turismo@tui.gal.
A concelleira de Patrimonio e turismo Ana María Núñez Álvarez quere agradecer a todos os establecementos participantes nestas xornadas gastronómicas “a súa colaboración e implicación”, especialmente ao Parador de Turismo cuxos responsables de cociña asistiron recentemente a unha formación específica sobre gastronomía sefardí celebrada en Toledo e organizada pola Red de Juderías e Paradores e que co seu menú elaborado para esta ocasión enriquecen substancialmente a oferta gastronómica.
Estas actividades coa gastronomía coma protagonista forman parte do programa ‘Setembro Xudeu en Tui” que cun amplo abano de actividades coma exposicións, visitas guiadas, conferencias, se celebran ao longo de todo o mes organizadas polo Concello de Tui a través da concellería de Patrimonio e Turismo ao abeiro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía. Con esta proposta buscase mostrar a riqueza do patrimonio vinculado á presenza de comunidades xudías e criptoxudías ao longo dos séculos na histórica e monumental cidade de Tui.
Menú Sefarad
No Parador de Turismo San Telmo Tui
Todo o mes de setembro
Cebola rechea de cabaza especiada, pistachos e melaza de granada
“Albondiguillos” de pescado con salsa de limón
“Ginestada “
Bebida incluída: auga, copa de viño e café (35,00€)
Xornadas gastronómicas sefardís: o bacallau
Todo o mes de setembro
Establecementos participantes con oferta de pratos e tapas
Restaurante “O novo Cabalo Furado”: Taquiños de bacallau en tempura con cebola caramelizada e lombo de bacallau á prancha ou á galega
Restaurante e cafetería “Puro sabor”: empanadilla de bacallau
Restaurante “Casa Pote”: Bacallau ao forno sobre pataca panadeira, pementos e cebola
Tapería “O Albergue”: tosta de grelos e bacallau e croquetas de bacallau e pementos “piquillo”
“Emma Tapas & Brunch”: Bacallau con xudías brancas e salsa romesco
Restaurante “Monte Aloia”: empanada de bacallau e bacallau ao forno e á brasa
Restaurante “O vello Cabalo Furado”: Bacallau asado, arroz con bacallau e boliños de bacallau.
Restaurante “El Molino”
Albergue “Ideas Peregrinas”
Mesón “Tapas e viños”: Ensalada de tomate con bacallao afumado”
Restaurante “Jaqueyvi”
Tapería “Santiamén”
Restaurante tapería “Época”
Restaurante Cruceiro do Monte, .
Ás 19.00 h Cociñando a historia. Elaboración e degustación de receitas do libro “Sabores de Sefarad, los secretos de la cocina judeoespañola”. Praza de San Fernando. Prazas limitadas cómpre inscrición en turismo@tui.gal
Luns, 25 de setembro
Ás 19.30 h Charla “Gastrosimbología, conocer las claves y los mensajes de la cocina judía”. Sala Félix Rodríguez González. Prazas limitadas cómpre inscrición en turismo@tui.gal .