A Guarda | A Omix da Guarda abre o prazo de inscricións para a obtención do título da ESO. O proceso de inscricións estará aberto ata o día 17 de febreiro tendo previsto comezar o día 22 deste mesmo mes.
As prazas son limitadas e poderán inscribirse persoas de 18 anos en diante.
O curso desenvolverase de luns a xoves de 9:30 a 11:30.
A inscrición poderá levarse a cabo na OMIX do Concello da Guarda, no 986610000 ext 7, no mail informacion@aguarda.es ou no formulario habilitado neste enlace
Contacto: Jorge Alonso (686 096 412)
prensa@aguarda.es
Para as redes sociais empregaremos os seguintes hashtag #aguarda #educacion #ESO