A Guarda | O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a realización de “Ioga de Verán”, o segundo encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver o domingo 23 de xullo ás 10:30h.
Cada participante deberá traer unha esteira ou toalla, un cinto ou un foulard.
Esta actividade é totalmente de balde, pero é preciso unha inscrición previa neste formulario.
Os interesados en participar poden ampliar información no Departamento de Deportes do Concello da Guarda chamando ao 690 928 751 ou contactando en deportes@aguarda.es