A Guarda | A técnico de Turismo do Concello da Guarda, Rosalía Verde, asistiu o 21 de febreiro en Madrid a unha reunión convocada pola Secretaría de Estado de Turismo, co obxectivo de coordinar actuacións e propostas para a promoción dos destinos turísticos da Rede EDEN.
A reunión comezou coa intervención de Antonio Nieto, Subdirector General de Cooperación y Competitividad Turística da Secretaría de Estado de Turismo, e asistiron técnicos de turismo doutros destinos EDEN, persoal de TURESPAÑA e de SEGITTUR.
Nesta reunión abordáronse cuestións como a visibilidade dos destinos EDEN nas actuacións de promoción estatais e en mercados internacionais, elaboración dun plan de marketing, xestión de contidos nos portais turísticos de TURESPAÑA, etc.
Un dos temas claves da reunión foi a posibilidade de constituír a “Asociación Española de Destinos de Excelencia (EDEN)” que facilitará a coordinación coa Secretaría de Estado de Turismo e permitirá un contacto máis fluído coa Rede Europea de Destinos EDEN, e as posibles actuacións de promoción conxuntas.