A Guarda | O domingo 20 de xuño no Castelo de Santa Cruz ás 10.30 h. da mañá o Centro Awen Yoga celebrará o Día internacional do Ioga coa colaboración do Concello, esta sería a súa terceira edición neste fermoso enclave natural. O obxectivo desta actividade é celebrar este día e que as persoas se acheguen ao mundo do Ioga e coñezan os seus beneficios.
En sánscrito Ioga significa unión entre corpo, mente e espírito. O Día Internacional do Ioga recoñece tanto a orixe do ioga como a súa práctica. A iniciativa de celebrar este día a nivel internacional foi presentada ante as Nacións Unidas polo Primeiro Ministro da India, Narendra Modi, en setembro de 2014 con estas palabras:
“El yoga es una inestimable contribución de la antigua tradición de la India. Encarna la unidad de la mente y el cuerpo, el pensamiento y la acción, la moderación y la satisfacción plena, la armonía entre el hombre y la naturaleza, y un enfoque holístico de la salud y el bienestar”.
Trala súa proposta, a ONU aprobou a resolución, cuxa iniciativa foi apoiada por 175 países, o máis elevado número de países solidarios na historia da organización.
Esta actividade vai a estar dirixida polos profesionais do Centro Awen: Elvira, Pablo e Carmiña, profesora de ioga para nenas/os e adolescentes.
Se podes respirar, podes practicar Ioga. Anímate a coñecelo aínda que nunca o practicases!
Prazas limitadas. Actividade gratuíta.
Recoméndase aos participantes traer una esterilla ou toalla, unha manta e roupa cómoda.
Teléfonos de información
Teléfonos a través dos cales podes contactar para pedir máis información:
Awen Yoga: 986 611 871 / centroawenyoga@gmail.com
Concello: 986 610 000 (ext.7)