A Guarda- Caminha | A vila da Guarda e o municipio de Caminha, en Portugal, ofertan, nos meses de marzo, abril e maio, varias andainas correspondentes a etapas do Camiño Portugués da Costa aos seus veciños e veciñas.
Esta iniciativa é a primeira das actividades organizadas en conxunto no ámbito da candidatura do Estuario do Miño como Paisaxe Cultural da UNESCO.
A inscrición para participar nesta iniciativa xa está aberta e o prazo termina o próximo venres, 26 de febreiro. Todas as persoas interesadas deben dirixirse a Oficina de Turismo do Concello da Guarda, chamar ao número 986 61 45 46 ou escribir á dirección turismo@aguarda.es, para poder anotarse. A inscrición para as sete andainas ten un custo de 55 euros.
Sete etapas
Esta iniciativa engloba as sete etapas do Camiño Portugués da costa. A primeira destas andainas é o próximo sábado, 5 de marzo, que levará aos camiñantes dende Áncora ata Mougás.
No día 12 de marzo, a andaina será dende Mougás a Vigo, no día 2 de abril a etapa unirá Vigo con Redondela e o 16 de abril o camiño entre Redondela e Pontevedra.
No día 23 de abril a andaina será dende Pontevedra ata Caldas de Reis, no día 7 de maio o camiño será de Caldas de Reis ate Padrón. A etapa que pechará esta peregrinación será o 14 de maio cando os camiñantes percorrerán o traxecto dende Padrón ata Santiago de Compostela.
Ambos municipios ofertan o transporte dos participantes ata os puntos de partida e tamén desde a chegada de novo A Guarda e a Caminha.