A Guarda | O Concello da Guarda programou este ano diversas actividades para conmemorar o 8M baixo “Semente de Igualdade”, unha campaña na que incluiron as accións polo Día Internacional da Muller con teatro, actividades educativas nos centros escolares do municipio, un escape room, charlas, entre outras.
O mércores día 27 de abril pola mañá, terá lugar unha charla a cargo de Amelia Tiganus, dirixida ao alumnado de Bacharelato e Ciclos de F.P do IES A Sangriña e o xoves 28 de abril, ás 19:30h o Centro Cultural acollerá unha segunda charla de Amelia Tiganus, dirixida ao público en xeral onde nos falará do seu libro” La revuelta de las Putas”.
Esta actividade no Centro Cultural da Guarda require dunha inscrición previa en https://www.eventbrite.es/e/entradas-relatorio-amelia-tiganus-324040131757?aff=ebdsoporgprofile
Amelia Tiganus é una activista feminista abolicionista , nada o 11 de marzo de 1984 en Galati, Rumanía. Vive en Euskadi, a súa xanela ao mundo desde a que puido reconstruír a súa vida e renacer despois de ter sido explotada sexualmente durante cinco años no Estado español.
Publicou varios artigos, un comic titulado “ Amelia, historia de una lucha” coa intención de chegar á poboación máis nova e acaba de publicar ‘La revuelta de las putas’ e é formadora en varios cursos e obradoiros de sensibilización e prevención da trata e a prostitución.
Das súas aparicións nos medios de comunicación, destaca a súa intervención no programa Salvados – Las invisibles , un programa de máxima audiencia da Sexta – onde foi entrevistada en profundidade polo xornalista Jordi Évole e na cadena SER no programa de Aimar Bretos “ Hora 25” entre moitas outras intervencións públicas.
Tiganus deixa claro que: “Non podemos falar de igualdade entre homes e mulleres, nin de xustiza social, nin da sociedade do bo trato mentres exista unha soa muller no mundo explotada sexualmente”.
Ten varios recoñecementos, entre eles, O Recoñecemento do Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdade a persoas e institucións cuxa labor na erradicación da violencia contra as mulleres destacou especialmente. Categoría “Superación”. Estase traballando no deseño dun roteiro e unha andaina coa finalidade de visibilizar e pór en valor o importante papel das mulleres guardesas.