A Guarda | Este xoves 29, ás 20h, no Centro Social Fuscalho, terá lugar a presentación na Guarda do proxecto “O val de Tebra: os fíos da historia”. Segundo informa a Asociación Xuliva, a presentación contará coa presenza do impulsor deste proxecto, o xornalista Christian Villaverde.
“O val de Tebra: os fíos da historia” é unha reportaxe multimedia cuxa finalidade é a de percorrer os fitos históricos máis relevantes do val de Tebra, no Concello de Tomiño, a través do seu patrimonio material e inmaterial. Máis información sobre o proxecto na súa web: https://www.valdetebra.com/