A Guarda | O luns día 8 de xuño tivo lugar a firma dun Convenio entre o Concello da Guarda e a Entidade Local Menor de Camposancos para a cesión das instalacións deportivas do Codesal ao concello da Guarda por un período de 15 anos.
Esta cesión ven motivada pola necesidade de realizar a renovación e mellora dos vestiarios existentes e instalación dun alumeado exterior para as pistas de petanca, así como a adopción das medidas de seguridade, xestión de residuos, entre outras accións, de cara a mellorar estas instalacións para o servizo do común dos cidadáns.
As actuacións a realizar forman parte dun proxecto redactado polo concello da Guarda que será presentado na Deputación de Pontevedra para a súa financiación dentro do Plan Concellos 2020.
O concello da Guarda encargarase do mantemento das instalación deportivas así como da súa posta en valor ao longo dos 15 anos de cesión