A Guarda | O Concello da Guarda ven de recibir unha subvención de Augas de Galicia destinada á realización dunha auditoría municipal da rede de saneamento para a detección de infiltracións cun importe total de 15.000€.
A empresa que foi adxudicataria é APPLUS e dende a pasada semana xa se están a realizar os primeiros traballos de campo de cara á facer a Auditoría. A finalidade desta subvención é que as entidades locais responsables do saneamento á poboación coñezan os problemas existentes no funcionamento dos sistemas de saneamento municipais e conten cun instrumento básico para a detección e corrección dos distintos problemas existentes nestas redes de saneamento.