A Guarda/BNG | Co fin de facilitar a posta en funcionamento de novas actividades económicas que contribúan á creación de postos de traballo e a xeración de riqueza no concello da Guarda aprobouse, a instancias do BNG, a redución do 50% da taxa de apertura de estabelecementos.
Esta medida entrará en vigor despois da súa publicación no Boletin Oficial da Provincia e forma parte dun paquete de medidas impulsadas desde o BNG para a reactivación económica e social da localidade.
O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, considera importante esta medida e agarda que non tarden en aplicarse outras xa aprobadas coma a bonificación das taxas do lixo para aqueles estabelecementos que estiveron pechados durante a pandemia ou para as familias cunha renda per capita inferior ao IPREM (537,48 € mensuais).
Anxo Baz concluiu “o BNG seguirá traballando en positivo para acadar acordos o máis amplos posíbeis para sacar adiante medidas que favorezan a veciñanza da Guarda”.