A Guarda | Na xornada do pasado venres A Guarda daba o pistoletazo de saída para a gran cita gastronómica da comarca a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que cumpre estre ano a súa 31º edición.
O acto de inauguración celebrouse na Praza do Reló, onde se contou coas intervencións do Alcalde, Roberto Carrera; o Concelleiro de Turismo, Fernando Reyes; o Conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares e o pregoeiro desta edición, David Perdomo.
Este ano entregouse o galardón da Langosta de honra a entidade local San Xerome Emiliani, unha distinción que se fai a unha entidade de carácter social cunha longa traxectoria na vila.
Tralo remate do acto de inauguración as autoridades, convidados e asistentes trasladáronse ata a carpa instalada na explanada do Porto da Guarda, onde realizaron unha visita institucional aos diferentes stands participantes nesta edición: O Roxo, O Cangrexal, Xeito, Casa Olga e Adega Gran Novás.
Centos de persoas xa se achegaron para degustar os produtos da gastronomía guardesa, sendo o prato estrela a Langosta, a un prezo de 40€ a unidade. Ademais a oferta gastronómica desta XXXI edición compleméntase con outros produtos coma os percebes, nécoras, calamares, chipiróns, chocos, croquetas, ensaladillas, gambas, langostinos, paellas, mexillóns, berberechos, cigalas, polbo, vieiras, zamburiñas, camaróns, empanadas e empanadillas, fideos, pementos de padrón, entre outros.
Destacan tamén as sobremesas, coas tartas de mirabeis ou améndoas, as cañitas de crema, as filloas recheas e o postre típico guardés, a Rosca de Xema da Guarda, que se pode mercar a un prezo de 20€ enteira.
Na xornada deste sábado arrancaba tamén a Feira de artesanía, que con preto dunha vintena de stands, amosan produtos artesanais coma bisutería, bordados, elementos decorativos, entre outros.
A XXXI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, festa declarada de interese turístico de Galicia, conta tamén cunha programación de actividades de ocio e lecer coma os inchables acuáticos(cancelados na xornada do sábado por motivos de seguridade polas fortes rachas de vento), os Paseos no volanteiro do Piueiro, actuacións de animación con Lila Star ou os concertos do grupo folk Os d´Abaixo(sábado ás 23:00h) ou De Vacas(domingo ás 20:00h)