A Insua dos Poetas rendeu homenaxe a García Lorca en O Carballiño

No marco da XIII Festa da Palabra

O Carballiño | A XIII Edición da Festa da Palabra foi unha homenaxe a Federico García Lorca coincidindo con 85 aniversario do seu pasamento. Celebrouse na localidad ourensá de A Esgueva-Madarnás, Concello do Carballiño. Luís González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas leeu un texto de Alonso Montero, que non poido asistir ao acto, referido ao poeta granadino.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, destacou a importancia desta celebración á que se referiu como “unha cita clave no calendario cultural galego que reivindica os fitos máis salientables da nosa literatura”.

“O esforzo feito por parte dos impulsores deste recoñecemento como polos galardoados na edición deste ano merece todos os eloxios por potenciar o valor de Galicia e da nosa identidade común”, afirmou.

“Lorca é unha icona atemporal do teatro, a poesía e incluso da música do noso país”

En relación a Federico García Lorca, os representantes da Xunta de Galicia fixeron un chamamento para fixarse no seu legado para “afondar na pegada universal da nosa lingua”. “Lorca é unha icona atemporal do teatro, a poesía e incluso da música do noso país”, afirmaron antes de referirse a el como “un xenio que se namorou de Galicia desde a súa primeira visita e que quedou fascinado pola nosa identidade, cultura e lingua”.

Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural, José González, destacou a figura de Federico García Lorca e lembrou que coma el, son moitos os namorados desta terra, e precisamente “nel recóllese a importancia do noso rural, da Galicia máis profunda”.

Nese sentido, José González lembrou a aposta da Xunta polo noso agro, que se reflicte con accións como as recollidas na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, “unha aposta integral, con fundamento, rigor e responsabilidade, para frear e reverter o abandono da terra”.

O titular do Medio Rural resaltou a relevancia dunha homenaxe coma esta, xa que honrar a estes homes e lembrar o seu legado é tamén recoñecer a sorte de contar cunha fonte de inspiración representada a través do rural, asegurou José González.

Premiados
Os galardóns deste ano recaeron en Yolanda Castaño, no eido da Literatura; en José Manuel Vidal Souto, ao que se recoñeceu de xeito póstumo polo seu labor nas Artes Plásticas; no Orfeón do Carballiño, no campo da Música, e en Maribel Outeiriño polo seu traballo en Comunicación. Ademais, tamén se recoñeceu a Marisol Novoa na categoría de Emprendemento, á Fundación Amaranta-Ourense pola Iniciativa Social que desempeña e a Diego Martínez Duro, da Arxentina, no campo de Cultura en emigración.