Vigo | A selección galega de fútbol volveu a realizar un partido amistoso internacional este 31 de maio ante 15.000 espectadores no estadio de ABANCA Balaídos contra o combinado de Panamá, selección presente do Mundial de fútbol 2018. Pese á derrota 0-2 esta nova etapa da “Irmandiña” xerou un especial interese para os afeccionados ao fútbol galego.
A gran festa do fútbol galego arrincou cunha interpretación maxestosa do himno galego por parte das Tanxugueiras. Non o esqueceremos nunca.
Coa pelota xa en marcha, a primeira parte foi igualada, aínda que a Galicia custoulle aproximarse á meta panameña. O bloque panameño marchouse gañando ao descanso grazas á súa efectividade para a meta contraria.
O capitán Eric Davis adiantou aos seus cando non se cumpriu a primeira media hora ao transformar unha pena máxima e antes do descanso apareceu Miller para anotar o 0-2 á saída dun córner antes do descanso.
Con anterioridade, Lucas Pérez tivo nas súas botas o primeiro tanto para os nosos, pero o seu remate marchouse fóra por pouco. Galicia anotou un tanto na recta final obra de Ger Nóvoa, pero o gol non subiu ao marcador ao decretar o asistente fose de xogo.
A “outra Irmandiña” xogou en Coia
Antes do encontro en ABANCA Balaídos, o Campo Federativo de Coia albergou o partido de “A outra Irmandiña”.
Políticos, humoristas, actores, actrices, ex futbolistas e outros persoeiros galegos participaron este venres en Coia no partido de “A outra Irmandiña”
Un auténtico espectáculo. Desta forma pódese cualificar o que sucedeu esta mañá no Campo Federativo de Coia. Alí, e antes da Irmandiña entre en xogo esta tarde ás 20 horas, a encargada de inaugurar a xornada festiva do fútbol galego foi “A outra Irmandiña”. Un nutrido grupo de políticos, humoristas, actores e actrices, ex futbolistas, músicos e famosos galegos vestíronse de curto, se calzaron as botas de tacos e despregaron todo o seu talento nun encontro festivo para o recordo.
Na iniciativa, promovida por Xosé Antonio Touriñán, tamén participou o presidente da RFGF, Rafael Louzán, e estivo presidida polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; por vicepresidente secretario xeral de Deportes da Xunta de Galicia, José Ramón Lete; e por secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Algúns e algunhas dos que participaron no partidazo de “A outra Irmandiña” foron os seguintes: Xosé Antonio Touriñán, Xisela Aranda, Sergio Álvarez, Sonia Méndez, Champi Muros, Nacho Castaño, Nacho Carretero, Roberto Lago, Jonathan Aspas, Rodolfo, Roberto Lago, Fede Pérez, Pepo Suevos, Boyanka Kostova… Un grupo de gaiteiros foron os encargados de interpretar o himno galego antes do arranque do partido.