Arbo | Os días 8 e 9 de febreiro o Alcalde de Arbo, Horacio Gil, acompañado por membros da Corporación Municipal, trasladábase a Sainte-Terre para fortalecer os lazos de unión entre o noso municipio e a Comuna Francesa, así como para promocionar a Festa da Lamprea ante as 60 Confrarías de distintos puntos de Europa presentes nos actos do 30 aniversario da Confrérie da lamproie de Sainte-Terre e ante as localidades italianas de Fontainemore e Lillianes, pertencentes á rexión de Valle de Aosta.
O obxecto desta visita é fomentar os vínculos, as relacións, os intercambios e a cooperación entre ambos os municipios aos que lles une a lamprea, o viño e a Festa da Lamprea – informou o alcalde de Arbo, Horacio Gil, que manifestou ademais que a visita tamén permitiu promocionar a Festa da Lamprea que terá lugar os días 25, 26 e 27 de abril, que este ano cumpre o seu sesenta e cinco edición.
No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levaba a cabo o 8 de febreiro, a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Sainte-Terre (Francia) e Arbo (España) como parte da axenda da visita do alcalde de Arbo, a esta terra francesa.
Ao acto acudiron representantes de distintas asociacións, veciños e veciñas, a Corporación Municipal de Sainte-Terre, pescadores e restauradores. O rexedor arbense, Horacio Gil, manifesto na súa intervención, que son moitas as características que Arbo e Sainte-Terre teñen en común e son evidentes os vínculos que os une: O Escudo, a Lamprea, a Festa da Lamprea, O viño, O Museo da Lamprea e o Río onde pescamos a lamprea: o Miño en Arbo e a Dordoña en Sainte-Terre.
Con tal motivo e tras o descubrimento no ano 2023, desde o Consistorio arbense, puxéronse en contacto coa súa alcaldesa, para iniciar os trámites de irmandamento. Se aínda quedaba por confirmar a amizade entre Sainte-Terre e Arbo, con esta visita institucional a pasada fin de semana, reafirmouse a vontade mutua de irmandamento, coa firma desta carta entre a alcaldesa, Agnès Alfonso-Chariol, e o seu homólogo Horacio Gil Expósito.