Arbo | Unha delegación da Ville de Saint Terre (Francia) visitou esta fin de semana o municipio de Arbo. Esta mañá o alcalde de Arbo, Horacio Gil, acompañado da Directora de Turismo de Galicia, recibían no Salón do Pleno do Concello de Arbo, á Agnès Alfonso-Chariol, Alcaldesa de Sainte Terre.
O obxecto desta visita é fomentar os vínculos, as relacións, os intercambios e a cooperación entre ambos os municipios aos que lles une a lamprea, o viño e a Festa da Lamprea. Esta mañá o alcalde de Arbo, Horacio Gil, acompañado da Directora de Turismo de Galicia e membros do goberno arbense, recibian no Salón do Pleno do Concello de Arbo, a Agnès Alfonso-Chariol, Alcaldesa de Sainte Terre, Agnès Alfonso-Chariol, que chego acompañada dun membro da Irmandade da lamprea, Gérard Spéranzini e David e Sabine pescadores da lamprea no Rio Dordoña – Saint Terre Abril é a cita da “Festa dá Lamprea de Arbo”, onde rendemos homenaxe a unha forma de vida que dá sentido a un territorio e a un sabor inconfundible que convida a viaxar no tempo e en Villa de Sainte Terre, eses mesmos días celebran tamén a súa Festa da Lamprea, co mesmo sentimento.
Son moitas as características que Arbo e Saint Terre teñen en común e son evidentes os vinculos que os une: O Escudo, a Lamprea, a Festa da Lamprea, O viño, O Museo da Lamprea e o Río onde pescamos a lamprea: o Miño en Arbo e a Dordoña en Sainte Terre Ao descubrir tantos puntos en común entre Arbo e Saint Terre, establecemos contacto para coñecer máis en profundidade estes puntos en común_ manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil Durante a recepción no Consistorio, o alcalde, que estivo acompañado por Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, puxo en valor este encontro e expreso o “orgullo” de poder celebrar este acto e recibir aos representantes da Lamprea en Francia en Arbo.
Tamén dixo que “Arbo sente tremendamente orgulloso de ter entre nós a veciños franceses que veneran da mesma maneira que Arbo á Lamprea. Para coñecer os costumes, a gastronomía, a tradición e todo o que envolve a Lamprea en Arbo, se preve a visita da delegación de Saint Terre visita ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea “Arabo” e a degustación da lamprea ao “estilo Arbo” e na maneira seca preparada de distintas formas. Tamén descubriran o traballo dos lampreeiros que con paciencia, esforzo e un saber facer herdado xeración tras xeración, capturan este manxar do Miño con métodos de pesca ancestrais e sostibles.
Arbo é terra fértil, de albariños excelentes. Cunha longa tradición adegueira, aberta ao viaxeiro que busca novas sensacións e a tranquilidade do turismo consciente, próximo, familiar e en harmonía co medio natural e os visitantes franceses puidérono descubrir visitando unha adega de Arbo.
Horacio Gil, informa, que lles gustaría, traballar para o mutuo coñecemento das culturas e tradicións, como forma de achegar aos cidadáns das dúas localidades, polo que o goberno arbense, levará a sometemento do próximo pleno, o acordo para estreitar lazos de unión con Saint Terre a través dun irmandamento. As relacións de irmandamento constitúen unha ferramenta de coñecemento e colaboración entre as poboacións, promovendo a cidadanía europea e unha Europa máis unida e cohesionada- acaba dicindo o alcalde.