“A nosa idea non é derrotar a Ana Pontón senón entrar nos órganos directivos do BNG”

Gustavo Barcia | Concelleiro (Mos) e candidato para o Congreso Nacional do BNG

Voceiro e concelleiro polo BNG en Mos, Gustavo Barcia presentará a súa candidatura polo colectivo “Alicerce” no vindeiro XVIII Congreso Nacional do BNG a celebrarse en Santiago de Compostela este 1º de decembro. Terá como candidaturas rivais á actual voceira nacional Ana Pontón e á deputada Noa Presas (plataforma “O BNG en Movemento”)

Preséntase como candidato polo colectivo “Alicerce” para liderar o BNG neste XVIII Congreso Nacional. Cales son as súas propostas?
O colectivo “Alicerce” (que se presentará oficialmente en Santiago de Compostela este 30 de novembro) nace con tres ideas fundamentais: primeiro, potenciarse dentro da organización interna do BNG cunha participación máis activa; segundo, potenciar o feminismo e a diversidade; e terceiro, a sensibilidade ecolóxica. Obviamente no noso ADN están tamén incluídas iniciativas como a lingua, o soberanismo, o internacionalismo e a conciencia de clase, entre outras.

Ve posible derrotar a Ana Pontón, a actual voceira nacional que en febreiro pasado logrou os mellores resultados históricos do BNG en eleccións autonómicas?
A idea de “Alicerce” non é derrotar a Ana Pontón senón poder entrar nos órganos de dirección do BNG (Consello Nacional e Executiva Nacional) e ter así voz propia neses órganos internos.

“O BNG precisa manter unha liña discursiva e profundizar en aspectos esenciais como o feminismo, a diversidade e a ecoloxía”

Que precisa o BNG para chegar á Xunta de Galicia en 2028?
Primeiro, obviamente precisa de votos. Segundo, manter unha liña discursiva e profundizar en certos aspectos que consideramos esenciais como os xa mencionados (feminismo, diversidade, ecoloxía) Terceiro, traballar polo país e ser coherentes. Considero que os resultados das recentes eleccións autonómicas confirmaron que a xente recoñece este traballo do BNG.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.