Case a metade das consultas na OMIC son relacionadas coas Participacións Preferentes e Subordinadas
Salceda de Caselas | A Oficiña Municipal de información ao Cliente (OMIC) de Salceda de Caselas ven recollendo un número de consultas, a día 15 de Setembro do presente ano de 325 en total.
Estas consultas son atendidas por varias: vía telefónicamente, presencialmente ou por vía electrónica a través de correo electrónico; sendo o total de 110 persoas as que iniciaron procedemento de reclamación ante o Instituto Galego de Consumo (IGC).
Das consultas o 46% son relacionadas directamente coas Participacións Preferentes e Subordinadas das entidades bancarias, sendo máis de 150 as consultas atendidas , das que na mesma oficina se iniciaron un total de 49 expedientes para queixas relacionadas con participacións preferentes e un total de 6 expedientes para as Subordinadas.
Os expedientes abertos pertencen tanto a veciños e veciñas de Salceda como de Concellos veciños que, na gran maioría non contan con Oficina de Consumo no seu Concello.
Dolores Castiñeira, Concelleira de Consumo, incide en que “é moi importante poder dar cobertura e información aos veciños e veciñas de Salceda para que poidan saber qué medidas poden tomar á hora de realizar unha reclamación,. E poder ter un punto de información dentro do propio Concello, xa que, moitas veces é moi complicado para as persoas poder transladarse dun Concello a outro. Na nosa man está en intentar ampliar os servizos municipais, para poder
axudar a solventar os problemas cotidiás da cidadanía.”