Ourense | Na semana do 13 ao 18 de novembro, a Orde do Camiño de Santiago nomeou a 22 novos Cabaleiros e Damas en Capítulos celebrados en Santiago de Compostela, onde se investiron dez novos Cabaleiros e Damas procedentes de varias Comunidades Autónomas de España, en colaboración con Radioturismo.
Tamén nas Illas Azores, en Pico, na municipalidade de Madalena, foron doce os Cabaleiros e Damas nomeados procedentes de varias illas do arquipélago.
En Azores tamén se celebrou unha xornada internacional de promoción do Camiño de Santiago na que estivo presente Xosé Manuel Merelles Remy, director xeral de Turismo da Xunta de Galicia e na que se entregou a condecoración da “Gran Cruz” ao presidente do Goberno Rexional de Azores, José Manuel Bolieiro.
Recibiron tamén “distincións Xacobeas”, José Manuel Merelles Remy e Marcos Couto, presidente da Cámara de Comercio de Angra do Heroísmo.
A colaboración con Radioturismo e a Cámara Municipal de Madalena na illa do Pico “permítenos afianzar os valores do Camiño de Santiago con novos membros vinculados co turismo e coa peregrinación, que ten nos Romeiros de Azores unha tradición ancestral” asegura na Orde.
A Orde do Camiño presentará nos próximos días o seu plan de actividade para 2024 no que se contemplan ademais do Capítulo Xeral, varios extraordinarios en distintos países e varias xornadas nacionais e internacionais de promoción do Camiño de Santiago, misión da Institución.