Aldea Global | A historia do Camiño de Santiago a través dos séculos e o comportamento dos peregrinos durante 2023, no que se bateron todos os récords de chegadas a Santiago de Compostela, foron tratadas nas conferencias do conselleiro Jesús Ares e o comendador Pablo Rivera.
Un dos datos sobresalientes é que de México obtiveron a Compostela máis de 8.000 peregrinos o que coloca ao país no primeiro lugar de América en trasladar peregrinos a Compostela.
A visita á igrexa de Santiago de Tlatelolco en Ciudad de México, coa que a Orde mantén unha relación de cooperación e información para todos os peregrinos, foi outra actividade moi especial. Estiveron presentes ademais o conselleiro de México, o conselleiro de Cuba e os comendadores de México. A última acción consistíu no nomeamento polo Chanceler Alejandro Rubin de tres novicios que residen nos Estados de Ciudad de México, Coahuila e Guerrero.
A próxima actividade da Institución será no mes de maio no Ateneo de Madrid e estase traballando no Congreso e Capitulo Xeral que terán lugar a fin de semana anterior á festividade de Santiago Apóstolo.