O contexto no que se trasluce o cumio da OTAN a celebrarse en Madrid a finais de xuño non deixa de ser, cando menos, histórico. Vexamos algunhas características que permiten observar como ao carón da guerra na Ucraína, a Alianza Atlántica está redeseñando as súas pezas.
“Putin logrou ‘resucitar’ unha Alianza Atlántica que mira ao cumio de Madrid con expectación”
En primeiro lugar, a posibilidade dunha nova ampliación. Mentres Putin vese empantanado na guerra ucraína, sen avances nin retrocesos significativos, países historicamente neutrais como Suecia e Finlandia anuncian a súa intención de unirse á OTAN. Toda vez, Turquía veta esa ampliación. En perspectiva, é posible observar como Putin logrou ‘resucitar’ unha Alianza Atlántica que mira ao cumio de Madrid con expectación.
En segundo lugar, a ‘asianización’ de Putin avanca exponencialmente ao seu distanciamento de Occidente. Isto define unha sincronización euroasiática (non sempre equilibrada) entre Rusia e China con outros mercados emerxentes (India, Irán, Turquía, Paquistán) Parecera que a guerra ucraína tamén ‘resucitara’, dalgún xeito, un nova versión daquel BRICS que, durante os últimos anos, estaba practicamente desaparecido.
Sancionada dende Occidente, a economía rusa, lonxe do colapso, vese agora subitamente revitalizada por eses aliados asiáticos.
Con China en fase expectante, Rusia observa como estase configurando unha especie de ‘nova guerra fría’ entre os bloques atlantista e euroasiático. E a isto debe engadirse a xira de Biden por Xapón e Corea do Sur, o seu pacto AUSKUS con Gran Bretaña e Australia e a incesante provocación nuclear de Corea do Norte.
En Asia tamén estamos observando a concreción de eixes en fase de confrontación. Xapón rompe con décadas de neutralidade militarista alineándose cada vez máis con Washington. Por outra, un eixe Rusia-China-Corea do Norte comeza a delinearse, con posible implicación cara Turquía, Paquistán e Irán. A India está inmersa dun delicado equilibrio entre eses eixes.
En terceiro lugar, e como efecto colateral da guerra ucraína, Washington move as súas pezas a nivel hemisférico occidental. A administración Biden anunciou o progresivo levantamento de sancións a Venezuela e Cuba, os dous principais socios de Putin (e tamén de China) en América Latina. Quere obviamente sacar a Moscova e Beijing do seu ‘patio traseiro’, toda vez sabe con certeza que a guerra na Ucraína permite a Rusia recuperar dalgún xeito posicións no seu ‘patio traseiro’ ex soviético e euroasiático. Unha especie de quid por quo xeopolítico.
No caso venezolano, incluso voltarán a ese país multinacionais como Chevron Texaco para ‘axudar’ a recuperar a industria petroleira venezolana, o que quere dicir, a que volva ás esferas de influencia estadounidense. Así e todo, Maduro ansía a apertura con Washington sen reducir a súa relación estratéxica con Rusia e China. Quen sabe se así, e co paso do tempo, a Venezuela ‘normalizada’ termine sendo un interlocutor válido para reconducir as maltreitas relacións ruso-occidentais.
Con estas e outras variables, Pedro Sánchez acollerá un cumio da OTAN que promete ser histórico. Como ocorrera con esa Conferencia de Paz sobre Oriente Próximo celebrada en setembro de 1991 tamén na capital española, Sánchez sabe que se xoga moitas cartas nun cumio no que a OTAN tentará selar o seu novo status, mirando con preocupación a alianza ruso-chinesa.
“Sánchez sabe que se xoga moitas cartas nun cumio no que a OTAN tentará selar o seu novo status”
Toda vez, Sánchez observa dúas crises simultáneas cos seus principais socios enerxéticos (Rusia polo guerra ucraína; Alxeria polo achegamento español con Marrocos en detrimento da causa saharauí), ámbalas dúas moi seguramente incentivadas por Washington para converterse agora no principal subministrador enerxético de Europa ante as sancións contra Rusia. E nesta ecuación xeo-enerxética, a apertura coa Venezuela de Maduro pode resultar esencial para Biden, e tamén para Sánchez.
En termos militares e xeopolíticos, Putin non obterá unha vitoria absoluta na Ucraína pero tampouco iso significa que cosechará unha derrota catastrófica. Sacará ganancias territorias no terreo, cunha partición de facto de Ucraína e un novo ‘Telón de Aceiro’. O relevante é como a súa decisión de invadir Ucraína propiciou unha ‘nova orde mundial’, renovada con tensións propias da ‘guerra fría’. Unha viraxe que definirá o seu roteiro neste cumio de Madrid.