Ponteareas/PP | A reforma que pretende levar a cabo o goberno local de Ponteareas na Praza de Bugallal conlevará a eliminación de máis de 50 prazas de aparcadoiro na contorna da igrexa parroquial.
O Partido Popular de Ponteareas defende a necesidade de construír un parking soterrado baixo a Praza de Bugallal, entón si procedería ceder máis espazo aos viandantes. Ademais, así se solucionaría o problema de aparcadoiro que na actualidade xa sofre o centro de Ponteareas. Belén Villar, presidenta do Partido Popular de Ponteareas, lembra que “a construción deste parking segue recollido no PXOM aprobado provisionalmente”.
Xa no ano 2007 o Sr. Candeira, portavoz do PSOE, afirmaba públicamente que mentres non se construíse un novo aparcadoiro soterrado na Praza de Bugallal non se podería peonalizar o centro de Ponteareas.
Ademais, o acordo de construír un aparcadoiro subterráneo previo á humanización da praza foi aprobado por unanimidade de todos os grupos políticos nun pleno do ano 2009. “O que antes esixían e defendían contra vento e marea, agora que forman goberno parece que se lles esqueceu” declara Belén Villar.
Desde o Partido Popular de Ponteareas esixirase ao goberno a que se deixen de concursos de ideas de última hora e “rescaten o proxecto do ano 2009 que hai no Concello de Ponteareas, proxecto que xa contemplaba a humanización da praza, ademais da construción dun aparcadoiro soterrado, para case 300 prazas de estacionamento.
Tamén, dende o goberno fan entender que a proposta está consensuada e que contou coa participación de todos, cando na realidade non tiveron en conta nin as propostas nin as opinións da oposición, dos comerciantes e dos veciños máis afectados.
Doutra banda, continuamos pedindo ó goberno que reconsidere a elección do material co que pretenden reformar a praza. Para o grupo popular, afirma Belén Villar, a remodelación da praza debe respectar o patrimonio da contorna da igrexa, polo que o pavimento de lousas de pedra sí dignifica a praza e vai en harmonía ca contorna, e non en formigón lavado como pretende facer o Goberno local. Xa todas as reformas feitas no casco vello do noso pobo na última década (praza maior, rúas Esperanza e Oriente, beirarrúas, ..) foron feitas en pedra, e así debería continuarse.