A piscina municipal de Arbo inicia a súa tempada de verán

Permanecerá aberta do 1º de xullo ata o 31 de agosto

Arbo | A piscina municipal de Arbo comeza a súa tempada estival o vindeiro luns 1 de xullo e estenderáse ata o 31 de agosto.

As piscinas de Arbo que foron inauguradas en 1996, están situadas no barrio de Chan, nunha zona estratexica ao carón do pavillón polideportivo, campo de fútbol e área recreativa de Bouza de Miguel.

Son dúas piscinas, unha grande para adultos e unha pequena para a cativada, aseos e vestiarios.Un ano máis, tamén ofrece unha cantina que serve refrescos, xeados ou bocadillos, ademais dunha pista de baloncesto e unha gran zona de céspede onde se pode xogar, comer e beber. O horario de apertura é de luns a venres de 15:00 horas a 21:00 horas pola tarde.

A entrada xeral ao recinto custa por día 1 euros para os nenos de entre 6 e 12 anos e 1,30 desde os 13anos, tendo a posibilidade de comprar abonos para 15 baños cun desconto importante. Para os maiores de 65 anos, familia numerosa e carne nova, existe a bonificación do 50%.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.